As obras iniciadas hai unhas semanas na Fase V de Torneiros están rematadas. A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, visitou o lugar no que puido comprobar que o resultado das mesmas.
Os traballos solucionaron “varios problemas graves de seguridade e salobridade” que estaban a sufrir os veciños dun dos edificios desta parroquia. A día de hoxe está impermeabilizada a terraza,os muros e rehabilitouse a entrada ao garaxe.
Ao mesmo tempo, acometeuse a eliminación de barreiras arquitectónicas, quitando escaleiras e desniveis, creando ramplas e adaptando todos os elementos á normativa vixente de accesibilidade.
As obras permitiron recuperar as zonas de xardíns; mellorar o mobiliario urbano, instalar elementos de protección, coma una varanda de aceiro inoxidábel.
García de la Torre lembra que o estado da terraza era desastroso, había lousas soltas, co perigo que supuña para os nenos que xogan aquí, a impermeabilización estaba esnaquizada, os garaxes anegábanse os días que chove, a varanda que había sobre eles estaba enferruxada e case solta e “as filtracións ameazaban con causar problemas na propia estrutura do edificio”.
Nos vindieros días comezará unha nova fase de actuacións no mesmo lugar coa colocación dun sistema de alumeado en toda a área do inmoble e en cada un dos portais do mesmo.