A Aula da Rede CeMIT, do concello do Porriño impartirá as seguintes actividades formativas gratuítas no mes de novembro.
Charla: Dálle luz a túa factura. Bono social eléctrico e outras axudas . 5 de novembro, de 12:00 a 13:30horas
Contidos:
Dálle luz á túa factura pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas. Centrarémonos ademais, nas tarifas con descontos como son o Bono social (a nivel estatal) e axudas específicas a consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social (a nivel autonómico).
Curso: A Administración Electrónica. DNI electrónico. Certificados dixitais. Chave365. Cl@avePIN.
Do 6 ao 9 de novembro. En horario de 09:30 a 12:30horas.
Contidos:
- Que é Administración electrónica.
- O Certificado dixital e cales son os pasos para obtelo.
III. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas.
- Realizar algúns trámites con distintas Administracións.
- Chave 365. Cl@lavePIN.
Duración: 12 horas.
Curso: Coñece e disfruta das posibilidades do teu teléfono intelixente.
Os días 19 e 20 de novembro. En horario de 10:00 a 12:00horas.
Contidos
- Conceptos básicos
- Funcionalidades
III. Axustes e personalización básica
- Aplicacións útiles
Duración: 4 horas.
Curso: Sácalle o máximo partido ao teu navegador Google Chrome. Personaliza as súas funcións e a súa configuración
Os días 22 e 23 de novembro. En horario de 10:00 a 12:00horas.
Contidos
- Interfaz
- Xestión de marcadores
III. Configuración e personalización
- Consellos prácticos.
Duración: 4 horas.
Curso: Sácalle partido á cámara dixital do teu teléfono intelixente.Trucos e consellos.
Os días 26 e 27 de novembro. En horario de 10:00 a 12:00horas.
Contidos
- Conceptos básicos
- Edita as túas fotos
III. Crea as túas composiciones
- Crea, edita os teus videos.
Duración: 4 horas.
Curso: Seguridade na internet: consellos de prevención e protección
Os días 28 e 29 de novembro. En horario de 10:00 a 12:00horas.
Contidos
- Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet.
- Tomar as precaucións adecuadas para a navegación. Medidas preventivas.
III. Coñecer os filtros de control parental e a súa configuración.
- Detectar riscos da presenza en redes sociais.
Duración: 4 horas.
As persoas interesadas en realizar algúns dos talleres programados, deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.gal.