A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a deputada provincial de Cohesión Social e xuventude, Digna Rivas, presidiron este xoves, na Praza de Antonio Palacios, “Mulleres en Acción. Violencia Zero” unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra que é unha aposta decidida e visual pola loita contra as violencias machistas.
A actriz Mónica Camaño coa súa interpretación de “Proxecto Aurora” representou diante dun cento de alumnas e alumnas dos centros José Fernández López e Hermanos Quiroga, escenas nas que empregando frases que aínda se escoitan de cote, coma a muller e a sartén na cociña están ben”, e que son un exemplo moi claro de actitudes e comportamentos machistas e intolerantes que so buscan degradar ás mulleres.
Digna Rivas asegurou aos estudantes que acudiron ao acto que son “a clave para rematar coa lacra dos asasinatos por violencia de xénero”, con comportamentos que rexeitan ese machismo e son acordes coa igualdade, unha meta na que o goberno da Deputación, dirixido por Carmela Silva é pioneiro coa creación dunha área de Igualdade que traballa para desterrar os comportamentos e actitudes machistas.
A alcaldesa sinalou que “a discriminación e a violencia contra as mulleres non vai cambiar se a mentalidade dos mozos non cambia e temos que empezar por desterrar os micromachismos e os macromachismos que conducen á violencia”.
García de la Torre insisto una importancia de que “as mulleres deixemos moi claro que somos iguais, exactamente iguais en dereitos que os homes”.