A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade, Soledad Girón, visitaron a planta de Viza Automoción, radicada no Polígono de As Gándaras, logo do acordo acadado para a formación, por parte de Viza, dun grupo de mulleres desempregadas de cara a súa posible incorporación coma soldadoras a esta compañía.
Viza é unha empresa punteira no deseño e fabricación de estruturas metálicas de asentos para a industria do automóbil, de capital cento por cento galego, integrada por 500 traballadores e traballadoras na súa planta do Porriño e que subministra os seus produtos a grupos tan importantes coma PSA Peugeot Citroën, Audi, Renault, Volkswagen, Mercedes, Toyota ou Porsche.
Este grupo de mulleres, que están en situación de desemprego, recibirá formación teórica e, principalmente, práctica, nas instalacións da empresa, formación que é o cerne das accións do Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM), co-financiado cun total de 255.000€ pola Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, e que ten coma obxectivo a mellora a incorporación no mercado laboral das porriñesas que están na procura de emprego.