O Concello informa de que falicitará autobuses a aquelas veciñas e veciños do Porriño que queiran asistir á manifestción convocada o vindeiro sábado, día 17 de marzo en Vigo, en Defensa das Pensións Públicas, convocada pola Coordinadora pola Defensa do Sistema Público de Pensións.
As persoas interesadas en participar na devandita manifestación, que deben ser veciñas do Porriño, poden anotarse no Concello ata o vindeiro xoves, día 15, ás 12:00h.