A Policía Local do Porriño segue co seu programa de ‘Educación Vial’ que imparten os seus integrantes a alumnas e alumnos de colexios e institutos e tamén de asociacións, clubs deportivos e colectivos de fora do eido lectivo.
O xefe da Policía Local, Daniel Rodriguez, e o axente Francisco Javier Rodríguez Fernández – medalla de ouro nas olimpiadas de Policías e Bombeiros nas categorías de crono escalada, velocidade e critérium- falaron a país, técnicos e deportistas, de entre 5 e 17 anos, do Club Ciclista Avanza, sobre a circulación en vías urbanas, interurbanas e pistas forestais.
Na charla debatéronse temas como normativa vixente en materia de tráfico, que afecta á circulación dos ciclistas, a importancia de que sexan o máis visíbeis posible cando saen á rúa ou a estrada, a importancia del casco e, especialmente, a necesidade do cumprimento das normas de tráfico.
Os axentes tamén explicaron cómo actuar no caso dun accidente, o funcionamento do Servizo de Emerxencias 112, cómo como rodar en grupo ou a circulación por pistas forestais.