O Porriño lidera, so por detrás de Vigo,a baixada do paro en febreiro na Àrea Metropolitana viguesa. A finais do pasado mes pasado había na vila 1.666 persoas desempregadas, 168 menos que en febreiro de 2017.
Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a taxa de desemprego situouse no Porriño no 17,9%, en total 5,2 puntos menos que no inicio da xestión do actual Goberno Local cando 2.139 porriñeses estaban na procura dun posto de traballo,473 máis que na actualidade.
En relación co mes de febreiro de 2017, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño baixou de 1.834 a 1.666, o que supón que hai 168 traballadoras e traballadores máis no concello: en so un ano o paro caeu en 2,5 puntos.
A alcaldesa, Eva García de la Torre subliña, unha vez maís a necesidade de seguir adiante coas medidas adoptadas pola Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Giró, grazas as que hai ducias de veciñas e veciños que volveron ao mercado laboral ou incorporáronse ao mesmo.