O Pleno da Corporación do Porriño celebrará este martes unha xuntanza extraordinaria (Salón de Plenos do Concello 18:30 h.) na que se levará a cabo o debate da aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantilla de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.
Hai que lembrar que no Pleno do pasado día 15, os voceiros de PSOE, UDDL, BNG, EU-Son e do Grupo Municipal de Non Adscritos, adiantaron o seu apoio ao proxecto de orzamentos para este ano, logo da negociación mantida coa alcaldesa, Eva García de la Torre.