O CEIP Antonio Palacios do Porriño súmase á Semana Europea do Código coa celebración este xoves, día 19, de varias actividades nas que participaron as alumnas e alumnos do centro de Torneiros, unha programación que conta co apoio do Concello do Porriño, coma sinalou no propio centro a concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade, Soledad Girón.
A Semana Europea do Código é unha actividade organizada a nivel global a que participan máis de 180 países e millóns de estudantes, ademais de persoas interesadas no eido da computerización e a programación.
O obxectivo desta actividade é levar a codificación e a alfabetización dixital a todos dunha forma divertida e para iso hai programadas, dende o pasado luns e ata este venres, día 20 de outubro, distintas propostas que involucrarán a nenos e nenas de 4º de Educación Infantil, e de 5º e 6º de Primaria, que traballaran con ‘Scratch’ deseñando varios proxectos
Este xoves o centro conta coa colaboración da empresa Ledisson AIT, que achegara ao CEIP Antonio Palacios varios robots cos cales ensinarán aos estudantes distintas facetas da robótica que descoñecen e que servirán para achegarlles a esta beira das novas tecnoloxías.