A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Tráfico, Orlando Márquez, mantiveron este martes, en Vigo, unha xuntanza, solicitada polo Goberno local, co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díaz Yañez, na que expuxeron os problemas causados na vila tras a posta en marcha do novo Plan de Transportes.
Eva García de la Torre entregou ao xefe territorial todas e cada unha das reclamacións presentadas por veciñas e veciños do Porriño que “víronse afectados por esta desorganización”, logo de que unha das empresas adxudicatarias do servizo de transporte interurbano renunciase a seguir prestando o mesmo,”e de que a Xunta non preveraa, con suficiente adianto, os graves contratempos que isto causaría aos usuarios”.
A alcaldesa sinalou que estes problemas afectan, especialmente, ás veciñas e veciños de Budiño, “porque elimináronse liñas e frecuencias de Salceda”, e ás veciñas e veciños de Mosende, de Chenlo e de Torneiros, e subliñou que os datos difundidos publicamente pola Xunta e os que se manexaban dentro da propia administración autonómica “non cadraban”.
García de la Torre sinalou coma exemplo que, en teoría, O Porriño tería servizo, dende a Avenida de Galicia ata Vigo cada media hora, algo que na xuntanza púxose de manifesto que non está a ocorrer, e tamén, indica a alcaldesa, o feito de que se suprimiron autocares e horarios, entre eles un dos que tiña máis viaxeiros: o autobús de Vigo a O Porriño das 10 e media da noite.
A rexedora, que cualificou a reunión como moi cordial, afirma que o responsábel de Infraestruturas tomou nota de todo elo, salientou que “deixamos moi craro que unha cousa é o que se di nos papeis e outra o que ocorre na realidade no Porriño co transporte de viaxeiros” e reiterou que a Xunta ten reclamacións “no so do noso Concello, senón de Salvaterra, Salceda, Tui, Ponteareas e Mos” para saber que agora estamos nun problema de falla de planificación no transporte, aínda que constatou que viu o interese do xefe territorial por solucionar axiña esta situación, “e de o servizo se preste con regularidade e con previsibilidade, de xeito que os veciños saiban que cada 20 minutos ou cada media hora hai un autobús e que pasa a unha hora determinada e establecida”.
Neste senso, Eva García de la Torre adiantou que xa hai unha empresa disposta a facerse cargo do servizo de transporte que deixara de prestar a anterior e que agrada que isto faga que “este problema vaia solucionándose”.