A Concellería de Benestar, que dirixe Soledad Girón, ven de abrir o prazo de inscrición para os ‘Campamentos de Verán’ que este ano incorporan unha novidade importante, dando cumprimento a un acordo do Pleno da Corporación: a creación dun campamento específico para persoas con Diversidade Funcional.
O prazo para tramitar a inscrición abriuse o día 11 de maio e pecharase o vindeiro 2 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, e as veciños e veciñas que queiran obter máis información poden facelo chamando ao teléfono 986 633 429.
A concelleira subliña que os campamentos están dirixidos a nenas e nenos nados entre os anos 2005 e 2011-os dous incluídos- e a persoas con diversidade funcional, tendo a obriga, en todos os casos, de estar empadroadas no Porriño.
Soledad Girón lembra que o obxectivo destes campamentos, que non teñen custo algún, é o de “fomentar a conciliación familiar” durante os meses de lecer, impulsar a interacción e a integración entre todos os asistentes aos mesmos.