O Porriño, 13 de maio de 2025

O Concello informa á veciñanza que a partir das 9.00h do mércores 14 de maio non se poderá aparcar no aparcadoiro da Rúa Pontevedra debido ao inicio de obras na zona. 

A área afectada está sinalada en vermello no mapa adxunto. 

Agradecemos a vosa colaboración e comprensión durante o tempo que duren os traballos. 

Desculpade as molestias.