Esta mañá presentouse no Porriño a II Carreira de Empresas Galicia 2024 – XIII Interrunning, unha das probas únicas de Galicia e do noroeste peninsular, organizada polo Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño. Este evento deportivo, que conta con disciplinas para todas as idades e niveis, aglutinará a corredores de toda a Comunidade e norte de Portugal o domingo 6 de outubro.
O mago Xulio Merino foi o conductor do evento e sorprendeu aos alí prensentes con trucos de ilusionismo e maxia.
Unha carreira con disciplinas para todos e todas
No acto da presentación do evento, David Ferreira, organizador, adiantou que este ano, como novidade, todas a persoas participantes recibirán un maletín para guardar o habituallamento e o dorsal. Ferreira explicou as diferentes disciplinas. Ás 9:30 h terá lugar a andaina Antonio Palacios de 6 km,totalmente plana, na que inclúe un circuito urbano polas obras do arquitecto porriñés, coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento e o centenario da Casa Consistorial, e un circuito polo paseo do Louro. Logo de acabar a andaina, sobre as 11.30 h, darase a saída a carreira de 5k / 10k, con inicio e fin na rúa Domingo Bueno, nun circuito urbano de 5 km, no que se pode optar por unha ou dúas voltas. Ao remate desta carreira, terá lugar “a carreira estrela, ‘Pitufos’, con velocidades que non se acadan nen nos 100 metros lisos das Olimpiadas”, para nenos e nenas nados a partir do 2019. É unha carreira non competitiva, pero a máis emocionante de todas, salienta o organizador.
Ferreira recorda que na carreira pode participar calquera persoa maior de 16 anos de idade. Pódese facer de forma individual, ou a través das empresas, que poden apuntarse por equipos de 2, 3 e 4 participantes, en categorías feminina, masculina ou mixta. As inscripcións están abertas ata o 2 de outubro na web emesports.es.
O concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, aproveitou a ocasión para agradecer ó Interrunning Club “a súa motivación de querer incluir as obras de Palacios neste evento deportivo”.
Luis Campos, xefe de seguridade, sinalou que este evento faise gracias á colaboración dos máis de 100 voluntarios da Clínica San Rafael que, organizados conxuntamente coa Policía Local e Protección Civil, ocúpanse de que non haxa incidencias en cruces e estradas. A axuda destas entidades é fundamental para que o evento transcorra adecuadamente.
Triple acción solidaria
“Desde a concellería de Deportes, intentamos apoiar a todo o deporte porriñés en todas as disciplinas e, especialmente, con eventos deste tipo no que poden participar persoas de todas as idades, e polo seu carácter solidario, do que se beneficiarán algunhas familias do Porriño que non están pasando o seu mellor momento”, indicou Abel Estévez, edil de Deportes e Servicios Sociais e responsable de SOS Porriño.
“Esto crece a pasos axigantados”, sorprendíase Natalia Dieste, directora de Bicos de Papel. “Complácenos estar presentes neste evento coa a AECC, coa que imos da man e colaboramos moitísimo. Bicos de Papel da apoio ás familias dos menores pacientes da Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro, que atende a área sanitaria de Vigo e aos pacientes pediátricos oncolóxicos da área de Ourense. “Estos eventos sirven para darnos visibilidade e para sustentarmos”.
Na mesma liña, María Gómez, representante da AECC da provincia de Pontevedra, recordou o labor gratuito que fan desde a asociación cos pacientes con cancro e familiares de toda a provincia. “Ofrecemos atención psicolóxica, atención social con préstamo de material ortoprotéxico, como camas articuladas, cadeiras de rodas, perrucas, panos, axudas económicas e programa de alimentos. Tamén temos servizo de fisioterapia, exercicio físico oncolóxico e logopedia”. “A AECC somos a entidade social e privada que máis fondos destina á investigación oncolóxica en España, non soamente nos cáncros que teñen máis casos, senon tamén nos cancros de baixa supervivencia, que precisan de investigación para poder alongar esa supervivencia e poder cronificar esa enfermidade”. A AECC só conta cun 10% de finanzamento público, “por eso son tan importantes eventos solidarios como esta carreira, ademais da aportación individual dos socios e das empresas e institucións colaboradoras”. Gómez, salientou o traballo da AECC do Porriño “gracias a Mary Palacín e a todos os voluntarios do Porriño porque dedican o seu tempo e o seu esforzo de forma altruista”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, declarou que “a Carreira de Empresas non podía disputarse noutro lugar. O Porriño é o Concello do Deporte e un Concello Emprendedor, con máis de 2.600 empresas. Anímovos a todos a participar neste evento deportivo, sobre todo, polo triple carácter solidario desta edición”.