A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia estará no Porriño o luns 16 de setembro no seu emplazamento e horarios habituais, na rúa Domingo Bueno de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00.

Estes días, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) anuncia que están baixos en reservas de sangue, por iso é fundamental que a veciñanza acuda a donar.

ADOS recorda que as persoas maiores de idade e con máis de 50 kg de peso poden ser doantes de sangue. Pódense acercar á unidade móbil coa súa tarxeta de doazón, DNI, NIE ou pasaporte, e colaborar na salvación de vidas.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade é por iso que hai 10 unidades móbiles percorrendo Galicia a diario para conseguir estes obxectivos. As doazóns recollidas envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. A colaboración de todos e todas é esencial para seguir salvando vidas.