A Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR), coa colaboración do Concello do Porriño e da Xunta de Galicia, está xa mergullada na campaña de Rebaixas de verán.
Ata o 16 de xullo as persoas que merquen ou consuman nos 114 establecementos asociados a ACIPOR nas datas da campaña, poderán participar no sorteo de 3 tarxetas regalo Morea de 50€, 150 bolsas da compra 15 carros para a compra. A forma de participar é rexistrar o tiquet de compra na web de Morea: ccamorea.es.
O mércores 17 de xullo terá lugar o sorteo ás 20:30 horas na sede de ACIPOR, e a listaxe cos premiados será publicada nas redes sociais de Morea, Facebook CCA Morea e Instagram cca_morea_acipor, para que poidan recoller os premios.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, presentou a campaña xunto co director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, e coa presidenta de Acipor-CCA Morea, Juana Pérez, e visitaron algúns dos establecementos de ACIPOR.
“O noso comercio local goza de moi boa saúde e iso é en parte polo gran labor dos/as nosos/as comerciantes que ofrecen unha amplísima gama de produtos da mellor calidade e tamén pola resposta incondicional da veciñanza, que valora as vantaxes de mercar no seu pobo”, apuntou o rexedor, convidando a todo o mundo en “aproveitar esta campaña e beneficiarse dos descontos propios das rebaixas e tamén dos moitos premios que poden gañar”.