A choiva non freou hoxe aos/as mini atletas do Porriño! Preto de 40 nenos/as de entre 4 e 10 anos disputaron hoxe a proba para cativos que abre o cada ano o Tríatlon Concello do Porriño.

Acompañados en todo momento por un adulto puxeron o bañador e saltaron á piscina municipal a completar os 25 m de natación da primeira proba. Correndo saíron a cambiarse e facer a primeira transición, onde colleron a bicicleta e o alcalde, Alejandro Lorenzo, deu a saída á etapa de ciclismo. Na bici percorreron os 700 m que separan a piscina da Igrexa Santa María, onde deixaron as bicis para enfrentar a etapa de atletismo completando 300 a pé ata a meta na praza do Concello.

“Todos e todas completaron a proba acreditando que no Porriño hai unha gran canteira de Triatletas”, apuntou o alcalde,”Nuns anos verémolos saltando ao Miño e cruzando a meta na proba raíña”. Lorenzo destacou a “deportividade e ilusión coas que os/as cativos/as afrontan a proba, saben que non é unha competición con ninguén senón con eles mismos. Disfrutala e gañar e por iso hoxe son todos gañadores do IX Mini Trítalon Concello do Porriño”. Unha vez finalizado o evento todos/as recibiron a súa medalla e disfrutaron do aprovisionamento na praza.