A Fundación Ronsel en colaboración co Concello do Porriño, organiza unha serie de formacións presenciais e gratuítas baixo o título “Camiño Emprendedor”, para persoas que teñan en mente emprender ou xa conten cunha idea de negocio.
Durante catro sesións, entre os días 10 e 13 de xuño, técnicos e profesionais da fundación e Porremprego guiarán aos/ás participantes para poñer en marcha o seu emprendemento, con sesións específicas nas que se axudará a madurar a idea, desenvolver as competencias dos emprendedores/as, definir o modelo de negocio e a valorar se é viable económicamente. Si despois desta formación as persoas participantes deciden seguir adiante coa súa empresa, a fundación axudaralles de forma individualizada a poñer en marcha o proxecto.
Esta formación terá lugar en Porremprego, nas instalacións do edificio Multicentro de Torneiros, no 2º andar, en horario de 10:00 a 13:00 horas. As inscricións están xa abertas e pódense facer directamente na seguinte ligazón: https://bit.ly/caminoporrino.
As persoas interesadas en recibir máis información, poden contactar á Fundación Ronsel mediante o correo electrónico emprende4@fundacionronsel.org ou Porremprego escribindo a orientacion@porremprego.org.