- As instalacións retoman o seu horario habitual, de luns a domingo
- Inícianse tamén os cursos de natación, ximnasia de mantemento e aquagym que manteñen a inscrición aberta
Comeza un novo mes e con el faino tamén o curso na piscina municipal do Porriño. As instalacións retoman hoxe a actividade no seu horario habitual. Os luns e mércores de 07.00 a 22.00 horas, os martes e xoves de 07.00 a 22.15 horas, os venres de 07.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas e o domingo de 10.00 a 14.00 horas.
Do mesmo xeito, inícianse tamén os cursos de natación, infantís, para bebés e de adultos; ximnasia de mantemento e aquagym para as persoas que xa tiñan reservada a praza, permanecendo aínda aberto o prazo de inscrición tanto para as actividades como tamén para facerse socio.
O alcalde Alejandro Lorenzo vén de visitar precisamente esta mañá as instalacións ás que acoden diariamente, de luns a domingo, numerosas persoas. “É primordial ofertar este tipo de servicios e de cursos dirixidos por un monitor. Dende o Concello traballamos a diario en mantelos e melloralos en favor da veciñanza, promovendo a práctica deportiva entre pequenos e maiores”.