O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Abel Estévez, quixo trasladar de maneira pública e institucional a noraboa ao equipo Infantil Masculino do PBB pola súa clasificación para o Campionato de España.
O equipo, corpo técnico e membros da directiva do clube porriñés foron recibidos no Concello, onde recibiron un agasallo en nome do seu pobo polo éxito deportivo.
O alcalde eloxiou a traxectoria deste equipo que se proclamou subcampión de Galicia na súa categorái dous anos seguidos. “O noso recoñecemento ao esforzo e dedicación dos xogadores, corpo técnico e directivo”, apuntou Lorenzo animándoos a seguir na mesma liña, “O tesón, o traballo e o compañeirismo do que faceles gala levaravos a alcanzar as metas que vos propoñades. Entre elas, estou seguro, a de pechar un bo resultado no campionato de España”. “O voso pobo está moi orgulloso de vós”, concluíu.
“Dende a concellería de Deportes estamos moi orgullosos da labor desempeñada polo Porriño Baloncesto Base, que ademais foi moi especial para nós porque organizamos no Porriño a fase que lles deu o subcampionato galego”, manifestou o concelleiro de deportes, “Desexamos que neste nacional o noso equipo chege o máis lonxe posible e, sobre todo, que os xogadores vivan esta experiencia con intensidade”.
Haile, Martiño, Mauro, Alberte, Daniel, Germán, Adrián, Mateo, Marco e Daniel, o equipo dirixido por Rubén Vigo e Yannés Vigo trasladarase a Marín a disputar o nacional entre o 5 e o 11 de xuño.