O próximo 18 de marzo ás 18h o Centro Cultural do Porriño acollerá unha charla de sensibilización sobre as demencias da man de AFAGA en colaboración co Concello do Porriño, a través das concellerías de Benestar Social e Terceira Idade que dirixen Abel Estévez e Rosario Costas, respectivamente.
Maxi Rodríguez, psicóloga sanitaria de AFAGA Alzheimer e poñente, falará sobre os síntomas de alarma, mitos e realidades, para evitar confundir a demencia con outros trastornos mentais e aspectos clave para a súa prevención.
AFAGA e Concello danse a man para sensibilizar da demencia na sociedade e prestar a atención que necesitan e merecen as persoas que padecen alzhéimer e outras demencias e as súas familias.