Eva García recibiu na Alcaldía a Francisco Alonso, representante da empresa “SCG Servizos dos Concellos Galegos”, empresa adxudicataria da recente licitación do contrato de recollida de lixo. Así mesmo, “SCG” encargarase da recollida selectiva e da xestión do Punto Limpo.
Despois da entrevista, a alcaldesa indicou que o contrato se formalizará nos próximos días, aínda que a concesionaria comezará a funcionar o 1 de xaneiro de 2022.
“Fai se pensando en cuestións de xestión. Entre outras razóns para non gravar aos traballadores que actualmente prestan ese servizo noutra empresa e que loxicamente serán subrogados, para evitar o prexuízo que suporía ter dous pagadores en 2021 a efectos fiscais. E por outra banda, as empresas que actualmente prestan estes servizos terán marxe ata fin de ano para liquidar todas as obrigas cos seus traballadores en materia de vacacións e outras”, aclarou Eva García de la Torre.
A alcaldesa lembrou que “é a primeira vez na historia do Concello de Porriño que se licita a xestión destes servizos, a través dunha mesa de contratación”.
Declaracións de Eva García