Eva García confirmou ós organizadores da IV Feira do Pan do Porriño que mañan sábado asistirá á lectura do pregón inaugural do certame na praza de San Benito, a partir das 12 horas. A Alcaldesa xa participou esta mesma semana na presentación provincial do evento que tivo lugar na sé de “Turismo Rías Baixas”, en Pontevedra, co amparo da Deputación Provincial.

No día de hoxe rematará a montaxe dos 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez.
Durante o sábado a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor. Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.

De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
