Zona Franca sacou a concurso o estudo de implantación da futura Cidade do Transporte que o presidente deste organismo público, David Regades xa anunciara que desexa implantar no Porriño. De feito o estudo de arquitectura que gañe o concurso, ademáis de se embolsar 300.000 euros, terá o encargo de redactar o proxecto sectorial e de urbanización, segundo as bases da convocatoria publicada o pasado 4 de xuño e que rematará o 8 de xullo.
A Cidade do Transporte deberá acoller un gran parking para camións, hotel, restaurante, gasoliñeira, taller mecánico e de reparacións. O propósito é desaloxar de Vigo o aparcamento indiscriminado de camións e trailers ofrecendo ós camioneiros unha alternativa cómoda e próxima ás principais vías de comunicación. Precisamente a elección de Porriño facilitará as conexións coa autovías A-52 e A-55 así como coa Autoestrada do Atlántico AP-9.