- A primeira sesión celebrase o vindeiro sábado 8 de febreiro no pavillón municipal, de 10.00 a 14.00 horas
- Non é preciso inscribirse
O Concello do Porriño organiza un ano máis o Curso de defensa persoal feminino e aspectos xurídicos. A formación, organizada pola Concellería de Igualdade que dirixe Carolina González, está pensada para as mulleres co fin de desenvolver máis confianza nelas mesmas e na súa contorna, implementar estratexias de prevención e detección de situacións de perigo, integrando na súa vida diaria hábitos de seguridade persoal, á vez que se promove a confianza e a súa autoestima.
A actividade levarase a cabo nas instalacións do pavillón municipal os sábados 8 de febreiro, 8 de marzo, 26 de abril e 10 de maio, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas.
Durante as xornadas contarase coa presenza do Maxistrado D. Juan José Trashorras quen dará respostas sinxelas ao colectivo participante para reaccionar ante unha situación violenta.
O aforo é ilimitado e non se precisa inscrición previa.