A 57 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, que terá lugar entre os días 4 e 6 de julio, presentouse esta mañá na praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño. No acto de presentación estiveron presentes Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas, Daniel Rodríguez Inspector Principal Xefe da Policía Local, e os pilotos Jorge Pérez, Gabriel Rodríguez e José Calvar.
O sábado día 6 o rallye chegará a Chenlo, onde rematará o tramo cronometrado Gondomar-Porriño, á altura da Igrexa de San Xoán. Está previsto que a primeira pasada sexa entre as 11:51 e as 13:51 h, e a segunda entre as 16:03 e as 18:03 h. No centro urbano do Porriño terán lugar dous reagrupamentos dos vehículos participantes, entre as 13:22 e as 15:22 h o primeiro, cunha parada aproximada de 20 minutos; e entre as 16:40 e as 19:00 h o segundo, cuns 35 minutos de parada.
Mouriño quiso salientar que “este ano subimos ao Súper Campionato, despois de varios anos. Pilotos de Skoda, Citroën, Renault ou Alpine están facendo moi boas marcas. Esperamos dar un gran espectáculo, un espectáculo gratuíto para todos e todas. Agradecemos o labor do Concello do Porriño, a Policía Local, a Garda Civil para que o rallye transcorra sen incidencias. E tamén aproveito para agradecer á Escudería e os 600 voluntarios que traballan para que todo vaia ben”, proseguiu o presidente da Escudería Rías Baixas. Lorenzo aproveitou para dar as gracias tamén aos pilotos que “sempre nos involucran esa afición e nos fan disfrutar do rallye na nosa casa”.
O rexedor agradeceu á organización “que conten con nós xa que este Rallye forma parte da nosa historia e todos/as o vivimos cada ano con entusiasmo. Por iso, é unha verdadeira honra para os porriñeses formar parte desta prestixiosa carreira”.