A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia visitará O Porriño o mércores 31 de xullo e o xoves 1 de agosto. Aparcará na súa ubicación habitual, na rúa Domingo Bueno, en horario de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h.
Para doar sangue só é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.
Cada día os hospitais galego precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a colaboración da veciñanza é fundamental.
Tal e como lembran desde ADOS coincidindo cos xogos olímpicos, ás veces a recompensa non é gañar unha medalla, nin quedar o primeiro, non é gañar un segundo ao crono. Ás veces a recompensa é gañar unha vida.