As porriñesas Sara Hernández, Marta Cabaleiro e Tania Expósito, do CPA Ribex, alzáronse coa prata na Copa do Mundo en Alemania, na categoría Grupos Show Grandes.
 
O seu exercicio “Obsession” quedouse so por detrás do dos italianos do Show Roller Team e o seu exercizo “Rebel Love”. No terceiro posto finalizou o Braga Roller Team portugués, con “Together we stand”.
 
As patinadoras foron recibidas hoxe no Concello polo alcalde, Alejandro Lorenzo, que quixo darlle a noraboa, no seu nome e no de toda a veciñanza do Porriño, por este gran logro “froito do esforzo, do tesón e de loitar con paixón polos seus soños”.
 
Sara, Marta e Tania subíronse aos patíns sendo moi pequenas e dende entón non deixaron de facelo a diario. O seu esforzo levounas a sair á pista nun mundial entre o campión e o subcampión do mundo e regresar cun podio que marca un antes e un despois na súa carreira deportiva.