O Porriño, 14 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño colabora nos obradoiros dixitais para maiores de 65 anos organizados por Cruz Roja. Estes talleres están dirixidos a persoas maiores de 65 anos, cun claro obxectivo: achegar este colectivo ás novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital.
A actividade desenvolverase todos os mércores dos meses de xullo e agosto, ás 10:00 horas da mañá, no Centro Sociocomunitario. Os obradoiros están pensados para ofrecer formación básica en habilidades dixitais esenciais, como o uso do teléfono móbil, navegación por internet, xestión de aplicacións ou o manexo das redes sociais.
A participación é gratuíta, pero será preciso inscribirse previamente no propio centro.
Esta iniciativa forma parte do compromiso do Concello coa inclusión dixital e co benestar da veciñanza de máis idade, facilitando o acceso ás ferramentas tecnolóxicas que xa forman parte da vida cotiá.