Seguindo a liña de actuación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Porriño, 2016 – 2019, dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, estase a traballar en distintas liñas de actuación coa posta en marcha de diferentes accións que se recollen no devandito plan, logo de facer unha diagnose da situación social e demográfica do Porriño.
Ditas accións acométense trimestralmente: no primeiro trimestre deste ano abordouse a Saúde, no segundo o Emprego e neste terceiro “abordaremos a participación social e o Empoderamento con un claro obxectivo: incrementar a participación da cidadanía na loita a prol da Igualdade entre mulleres e homes, adicando o derradeiro trimestre do ano á Violencia Machista”.
Os vindeiros meses de agosto e setembro, indica Soledad Girón,“realizaremos talleres de crecemento persoal e habilidades sociais”, dende a perspectiva de xénero, “para fomentar nas mulleres as estratexias necesarias para mellorar a comunicación e as relación interpersoais”.
Desde a Concellería de Igualdade saliéntase a importancia do ‘empoderamento feminino’ que facilita as ferramentas precisas para “ampliar a capacidade de configurar as nosas vidas e a súa contorna”.
O taller “Descúbrete, unha nova ollada de ti” ten coma obxectivo “ampliar a conciencia sobre a noa vida, a realización persoal e individual, o descubrimento das diferencias, compartir vivezas e éxitos e comprender que pódense crear novos camiños individuais, proporcionar ferramentas imprescindíbeis para afrontar doutro xeito a experiencia da vida e ‘empoderarse’ , tomando conciencia e exercendo o poder de liderar as nosas vidas”.
O taller será o 28, 29 de Agosto e 1 de Setembro, cunha duración de 8 horas, en horario de mañá, no centro Cultural do Porriño. Para máis información e formalizar a inscrición as persoas interesadas poden dirixirse ao CIM do Concello do Porriño ou chamar ao número de teléfono teléfono 986337429. O número de prazas é limitado.