Os técnicos de Seaga inicaron onte os labores de inspección das parcelas incluídas nas franxas secundarias do Porriño, no marco do convenio entre Concello e a Consellería do Medio Rural.
O obxectivo destes traballos é supervisar a xestión de biomasa que están a realizar os propietarios das leiras definidas no Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello e a previsión é que as tarefas de control finalicen nas próximas semanas. Segundo a normativa vixente nestas faixas secundarias é necesario xestionar a biomasa en parcelas nun radio perimetral de 50 metros ao ao redor de solo urbano. Así mesmo, nestas non debe haber árbores de piñeiro, mimosa, acacia negra, eucalipto, entre outros. Os propietarios das fincas con estas especies recibirán unha notificación para solucionalo en quince días, tras os cales o Concello poderá proceder a execución subsidiaria e sanción.