A Concellería de Vías e Obras ven de rematar a colocación da marquesiña na parada de autobús de O Cerquido, preto da conexión coa A-55, que era, como subliña o concelleiro Manuel Carrera, unha vella demanda dos veciños da parroquia de Budiño.
A mesma, coma moitos dos traballos que está a levar a diante a concellería de Vías e Obras, está rematada en ‘rosa Porriño’ e incorpora un banco de pedra.
Esta mellora é outra máis das actuacións que está a levar adiante a Concellería de Vías e Obras nos últimos meses e que abranguen, entre outras iniciativas, o remate da mellora das rúas Buenos Aires e Progreso; a nova beirarrúa de preto de 2 quilómetros entre as parroquias de Atios e Pontellas; o adecentamento da Praza de Abastos ou as distintas conexións á rede de saneamento de vivendas de todas as parroquias, traballos que seguen adiante en diferentes puntos do Porriño