Na última semana producíronse no Porriño 33 novos contaxios pola Covid, fronte aos 46 ocorridos na semana anterior “o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello”, valorou Eva Garcia de la Torre.
A rexedora participou este mediodía na xuntanza telemática que mantivo o conselleiro de Sanidade cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da área de Vigo en confinamento dende o pasado 7 de novembro.
A alcaldesa atribúe ese descenso “á mellora do comportamento da veciñanza no cumprimento dos protocolos anti-Covid”.
A pesar dese descenso de novos casos, a cifra actual de infectados segue en 80, segundo comunicou o conselleiro Julio Garcia Comesaña que indicou á alcaldesa que tamén no Porriño se farán cribados entre sectores da poboación como se están a realizar noutros concellos da área.