Persoal e maquinaria da concesionaria “Ascan” co apoio de funcionarios e técnicos municipais realizan hoxe a tala de outras catro árbores do Parque do Cristo que presentaban risco de derrubarse.
Estánse a retirar un plataneiro situado dentro do recinto de xogos, e tres tilos. Un centenario e outros dous máis xóvenes que están diante do acceso principal ó Hotel Parque. Primeiramente retiranse as polas e logo se talarán os troncos pola base.
Estas catro árbores eran as que presentaban maior grado de deterioro e polo tanto risco de caída segundo a avaliación realizada pola consultora “Adoa” e súmanse ós cinco que xa talaronse en semanas anteriores.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal que acudiu en muletas debido a unha recente intervención cirúrxica, sinalou que en breve recibirá un informe máis amplo da consultora para determinar cantas árbores máis están podres e polo tanto son susceptibles de ser talados tamén.
Na actualidade no parque do Cristo quedan 25 árbores, a meirande parte son tilos.