Nesta páxina web do Concello xa están publicadas as bases do II Concurso de Rondallas Concello do Porriño así como o formulario da solicitude de inscrición para os grupos interesados en participar.
A Concellería de Festexos organiza esta segunda edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Segundo as bases neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120. O número máximo de agrupacións participantes limítase a dez.
Como único criterio de selección estabelécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño. Terán sempre preferencia as agrupacións locais independentemente da orde de inscrición. As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dende o 2 ao 13 de decembro de 2019, ambos inclusive.
Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.
Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.
A orde de actuación no Pavillón Municipal de Deportes das rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará no Concello. O tempo de actuación de cada rondalla estará regrado de xeito que cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas. Establécense penalizacións por exceso de tempo.
O xurado disporá de varios criterios de valoración para puntuar ás rondallas participantes que se poden consultar nas bases do concurso.