A concellería de Festexos do Concello do Porriño vén de publicar as bases que establecen os requisitos, pautas e condicionantes que se deberán cumprir para a instalación de postos de venda, casetas, tómbolas e atraccións en Porrigalia 24.
Tamén poderán optar aos postos de venda ou casetas as ANPAS dos centros educacionais do Porriño, as asociacións veciñais e culturais do municipio, asociacións deportivas do Porriño e asociacións protectoras de animais. As bases e toda a documentación necesaria para formalizar a inscrición pode consultarse e/ou descargarse en na ligazón https://porrigalia.org/inscricions-2024/