Xa está a piques de chegar o Nadal e O Porriño prepárase para festexalo por todo o alto con múltiples actividades. Unha delas, o Concurso de iluminación e deseño dos escaparates de Nadal nos establecementos comerciais e tamén nas vivendas do Porriño.
Con este concurso dende o Concello queren promover a participación activa da veciñanza e tamén visibilizar e apoiar ao seu comercio local, conseguindo unha colaboración máis completa para infundir un ambiente navideño decorativo. Todo isto, baseado en valores como o traballo en común e a cooperación. No Porriño somos conscientes do emotivas que son estas datas, e por iso queremos valorar o traballo e o esforzo dos veciños e veciñas e dos nosos comerciantes.
As bases que rexerán o concurso xa se publicaron hoxe. Poderán participar vivendas e establecementos comerciais, hostaleiros e outros negocios empresariais que conten con establecemento físico e aberto ao público. Todos eles do Porriño.
No caso de establecementos comerciais valorarase o escaparate e/ou fachada. No caso das vivendas a decoración exterior.
A decoración deberá realizarse antes do 11 de decembro e deberá permanecer instalada ata o 7 de xaneiro. Así mesmo, entre o 11 e o 14 de decembro todos os participantes deberán enviar fotos ou vídeos da súa montaxe á dirección de correo electrónico rexistro@oporrino.org .
Haberá dúas categorías de participación, a de establecementos comerciais e a de vivendas. A dirixida a establecementos comerciais terá tres premios un primeiro de 1000 euros, un segundo de 750 e un terceiro de 500. No caso das vivendas os primeiro premio estará dotado de 500 euros, o segundo de 350 e o terceiro 250.
Os premiados serán elexidos polo voto ponderado dun xurado e tamén da votación popular que se efectuará a través das redes sociais do Concello do Porriño
A inscripción xa está aberta e pode formalizarse por rexistro ou mediante o envío do formulario ao seguinte correo electrónico: rexistro@oporrino.org .
INSCRICIÓN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS: https://oporrino.org/documentos/folla-inscricion-establecementos-comerciais/
INSCRICIÓN VIVENDAS: https://oporrino.org/documentos/folla-inscricion-vivendas/