O Punto SmartPeme do Porriño organiza o taller “Promociona a túa empresa con Pinterest” que será o mércores, día 21, ás 7 da tarde no sede de SmartPeme no Multicentro do Concello do Porriño, en Torneiros.
No taller coñecerase polo miúdo Pinterest, unha rede social na que a imaxe é todo. Baseada en taboleiros nos que compartir e gardar fotografías. Os asistentes aprenderán a sacarlle o partido e cómo implementala na estratexia social media das empresas.
Os contidos serán: Introdución, Como crear unha conta en Pinterest, Primeiros pasos, Taboleiros, ¿Que é como se engade un pin? ou Pinterest para negocios.
A asistencia pode facerse por teléfono, no 886 20 20 20 ou tamén mediante alta no portal web SmartPeme – www.smartpeme.depo.es.