Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do XIV Pinchorriño que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.
Eses trinta e seis establecementos de O Porriño realizan unha proposta de tapas moi suxerente que abrangue moitas posibilidades. Desde clásicos como o rabo de touro estofado que elabora “Mesón Mondariz” ata opcións veganas como a tarta da horta que presenta o “Pantera” pasando por elaboracións moi creativas coma o mexilón sobre patacadèle do “Café Bar Adèle” ou o wrap de “El Ultramarino” que foron algunas das tapas que trouxeron hoxe os hostaleiros asistentes á presentación.
Juana Pérez indicou que a meirande parte das tapas que se ofrecen elaboranse con productos aptos para celíacos “de tal xeito que sexamos quen de atender a todos cantos queiran vir ata Porriño a disfrutar con nós durante este mes de novembro da nosa gastronomía”. A presidenta de “ACIPOR” e os hostaleiros que asistiron á presentación coincidiron en suliñar que o Pinchorriño é un acicate extraordinario para a vila e os locais que participan pois xenera un volumen de ventas impresionante nun mes que tradicionalmente era moi malo.
Na mesma liña, Sergio Casal congratulouse do como medrou esta iniciativa de “ACIPOR” e manifestou que desde o Concello “poñemos as ferramentas necesarias para axudarvos”. O concelleiro de Comercio ponderou que o Pinchorriño xunto coa Festa dos Callos e a Feira do Pan “convirten a Porriño nun referente gastronómico na comarca e na área metropolitana”.
Por último David Alonso, como concelleiro ainda responsable de Festas indicou “no Porriño temos un nivelazo na hostalaría como reflicte este Pinchorriño e desde o Concello temos que estar moi agradecidos pola vosa participación”.
Lembremos que como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.
Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.