O xoves 28 presentase o libro “Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia” que recopila bocetos, debuxos, apuntes e pinturas dos que unha parte se exhibe na exposición que alberga o Centro Cultural Municipal dende febreiro. Precisamente a presentación do libro farase no mesmo Centro Cultural ás 20,30 horas.
Moitos porriñeses e visitantes tiveron a oportunidade con esta exposición de descubrir que, ademáis dun acreditado arquitecto, o noso paisano Antonio Palacios agochaba outras aficions artísticas descoñecidas.
Grazas á iniciativa do Concello de Porriño coa antedita exposición e a edición do libro que vai presentarse, a veciñanza tivo a oportunidade de coñecer esas outras habilidades de Antonio Palacios.


De feito a mostra “Debuxos e pinturas do arquitecto Antonio Palacios” supon un legado inédito e importante que confirma a faceta de pintor de Palacios non só de elementos arquitectónicos, propios da súa profesión, senon de figuras humanas e animais así como de escenas costumbristas.
Dentro da reivindicación da figura de Palacios tamén hai que lembrar a recente presentación da obra “Arquitectura rexionalista galega. Antonio Palacios, Gómez Román e outros”, producto de José Ramón Iglesias quen fixo un resumo en 300 páxinas da súa propia tése para editar como libro. Iglesias destaca “a importancia extraordinaria” do material recuperado polo Concello de Porriño, unha duzia de libretas, perante unha xestión coa familia de Palacios e “a súa aposta para que sexa difundido entre todala veciñanza”.