Trinta e cinco establecementos de hostelería de Porriño participarán na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame gastronómico que organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial Acipor terá lugar o 29 de setembro durante as festas patronais e constitue un dos principais reclamos para milleiros de visitantes que acuden nesas datas a Porriño.
Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos de hostelería que mantiveron onte unha reunión preparatoria. Outro dos acordos foi a elección do cartel anunciador da Festa que será presentado o martes 24 de setembro nun acto a celebrarse na praza do Concello cunha degustación de callos para os asistentes.