O Porriño invertirá máis de 150.000 euros en renovar o asfalto de varios viais do centro urbano e das parroquias de Cans e Atios.
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, sacou a licitación os traballos de reposición do firme nas rúas Fernández Areal, Pego e Fontevella e de viais en Cans, Roupeiro e As Cavadas. As empresas interesadas en executar estes traballos, que contan con financiación provincial, ao abeiro do Plan + Provincia 2024, xa poden presentar as súas ofertas.
Asfaltando no centro urbano do Porriño
Na rúa Fernández Areal acometerase a reconstrución da capa de rodadura, “algo moi demandado pola veciñanza na actualidade o pavimento asfáltico atopase en mal estado de conservación e a súa degradación vese cada vez máis acelerada”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Trátase dun vial cun importante tráfico rodado, xa que enlaza o centro da vila co Centro de Saúde, o pavillón municipal e outros servizos”, continuou, “Esta intervención esténdese aos camiños Fontevella e Pego”. A actuación conxunta abarca unha superficie de 570 m de lonxitude e un ancho medio de 6,5 metros, polo que a superficie de actuación abarcará os 3700 m.
Estas actuacións compoñen o primeiro lote dos traballos que conta cun orzamento base de 105.545 euros.
Asfaltado nas parroquias de Atios e Cans
Por outra banda, intervirase nas parroquias de Atios (Cavadas e Roupeiro) e Cans, onde se levarán tamén melloras do firme, que inclúen en algúns puntos ampliacións de calzada. obras por realizar consisten en la mejora del firme. En As Cavadas repoñerase o firme nun tramo de 164 m, cunha superficie de de capa de rodadura de 767m²; no Roupeiro actuarase nun tramo de 224 m, previo fresado, e cunha superficie total de intervención de 1.581 ² e en Cans renovarase un tramo de 99 m, cunha superficie da capa de rodadura es de 374m². Será necesario ampliar 66m2 de calzada e a colocación de 31m de bordillo de formigón. Estes traballos contan cun orzamento base de 47.915 euros. “Son moi consciente da necesidade de levar a cabo reparacións en moitos viais do municipio, a falta de conservación e mantemento durante anos fixo estragos, pero chegaremos a todos e cada un deles. A mellora da rede viaria é un dos meus compromisos e seguirá a selo”, concluíu o rexedor.