O Concello do Porriño reforza o seu cadro de persoal con dez novos traballadores que desenvolverán as súas tarefas en diferentes servizos municipais. Estas contratacións formalizáronse ao abeiro das axudas de fomento do emprego da Xunta de Galicia dirixidas a persoas que se atopen en risco de exclusión social ou sexan perceptores doa Risga, cunha inversión de preto de 120.000 euros.
Trátase en concreto de catro peóns de obra pública, tres de xardinería e tres conserxes que se contratan por nove meses cunha xornada parcial ao 75%
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros de Emprego, Limpeza e Vías e obras; Rosario Costas, José Carlos González e Ramón Porto; deron hoxe a benvida aos/as traballadores que se incorporaron xa ás súas tarefas. O rexedor destacou que “ademais de supoér unha oportunidade laboral para todos estas persoas, estas contratacións mellorarán a nosa respota ao reforzar os servizos que prestamos á cidadanía”.