- Unha decena de postos abren, na Praza do Cristo, ata o domingo 7 de xaneiro
- Gastronomía, xoguetes, accesorios feitos a man, roupa ou artesanía son algún dos produtos á venda
Logo do acendido das luces e instalación de decorado de Nadal, o inicio da música das rondallas e outras actividades propias destas datas, quedaba por inaugurar o mercadillo de Nadal no Porriño. Será o vindeiro luns cando as dez casetas de madeira instaladas na Praza do Cristo abran ao público en horario e mañá e de tarde ata o domingo 7 de xaneiro, no que se ofrezan produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados co Nadal.
Nesta primeira quenda, que se prolonga ata o 27 de decembro, os dez postos son os que seguen:
- Rosquillas, garrapiñadas, algodón de azucre, gominolas, mazás de caramelo.
- Coleccionismo de Playmóbil principalmente con temática de Nadal
- Complementos de tela feitos a man (bolsos, chaveiros, coleteiros, accesorios de bebé, bolas para as árbores personalizadas e detalles para regalar.
- Accesorios feitos a aman de resina con flores naturais encapsuladas, recollidas e prensadas a man. Pendentes colares, aneis e marcapáxinas, pendentes de madeira feitos a man, serigrafiados.
- Artesanía en pel, madeira, produtos de entretemento infantil.
- Bocadillos, empanadillas, creps, doces, etc.
- Mel, polen, cera, xabóns de mel, velas, etc.
- Roupa infantil fabricada en Galicia.
- Dragóns moldeados con deseños propios, marcos para decoración con pezas de resina feitas a mano, diorama de pokemon con luz e sen luz, complementos relacionados coa fantasía, ovos de dragón no seu baúl, etc.
- Sacos térmicos, xoiería artesanal, xoiería macramé, ambientadores, tarros de cristal.
O horario de apertura dos postos será de luns a xoves e domingos, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas; os venres e sábados, de 12.00 a 22.00 horas; os días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro abrirán só de mañá e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerán pechados