O Concello do Porriño acometerá nos próximos meses a mellora de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto vén de licitarse cun orzamento base de máis de 114.000 euros, que se financiará ao abeiro dunha achega da Xunta de Galicia e aportación municipal. Simultaneamente levarase a cabo a adaptación do sistema contraincendios do PPI-6, que requerirá unha inversión de preto de preto de 37.000 euros.
Na actualidade estes viais atópanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.
Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos. Tal e como explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “actuarase nun tramo de 633 m, cunha anchura media de 6,1 cm. Ampliarse a plataforma en 651 m2 , realizarse o bacheo de más de 300 m2 e o fresado de máis de 2,1 km2 “ e por último, “estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2”. Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.
Ademais, levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI. 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolverlas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de suministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación.
“Os nosos polígonos industriais son un dos motores do Porriño e é esencial acondicionar e manter as súas instalacións, por iso ademais destas melloras que xa se licitaron estamos traballando xa en varios proxectos para acondicionar dúas das rotondas do vial principal da Granxa e un dos viais do das Gándaras”.