MÁIS DE 2.000 PERSOAS SEGUIRON O CONCURSO A TRAVÉS DA RETRANSMISIÓN POR INTERNET

A Asociación Cultural Musical de Pontellas cunha valoración de 54,75 puntos gañou o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nuhna reñida disputa coas agrupacións de Mos que acadou 53 puntos e de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos.
Os premios do concurso eran de 1.500 euros, para a primeira rondalla; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir co Concello durante as festas de Nadal de 2020/2021 nas rúas do Porriño.

A alcaldesa Eva García, a concelleira de Cultura Cami Moreira e outros membros do goberno municipal presenciaron o evento. 

Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e Porriño.
Foron as seguintes e actuaron por esta orde:
1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
3- Rondalla Mosteiro de Tui
4- Rondalla do CSCR de Beade
5- Rondalla Helios de Bembrive
6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

O Pavillón 1 do Polideportivo Municipal de Deportes estivo ateigado con todas as localidades dispoñibles ocupadas (1.168 prazas). Namentres o Pavillón 2 destinouse ós compoñentes das rondallas para que poideran seguir as actuacións das diferentes agrupacións a través dunha pantalla xigante.
Debido a que este ano decidiuse pola Concellería de Cultura que houbera aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas para garantir a seguridade, o Concello contratou cunha empresa a retransmisión por “streaming” do certame que seguiron a través dunha canle de “Youtube” e a través da páxina web do departamento de Cultura do Concello. Segundo datos provisionais, 2087 persoas seguiron a retransmisión, das que ó redor de 400 o fixeron a través do visor que se habilitou na web ecultura.net do departamento de Culutra do Concello.