Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención, no termo municipal de Mos, de J.M.R.V. y J.L.V.M., coma presuntos autores da comisión dun delito contra o Patrimonio e a Orde Socioeconómica- roubo con forza-.
A Policía Local indica que os feitos ocorreron ás 02:25 horas de hoxe: na Xefatura recibiuse unha chamada na que unha persoa informaba da comisión dun feito delituoso en Mos. O denunciante, sinalou que estaba vendo coma persoas descoñecidas cargaban material de unha vivenda en construción.
Ante estas circunstancias, os axentes deron aviso, axiña, á Garda Civil, que desprazou ao lugar a varios axentes.
Xa no lugar os policías puideron comprobar a veracidade dos feitos e proceder á detención destas dúas persoas que foron entregadas aos gardas civís, que eran aos que lles correspondía a competencia territorial e iniciar as dilixencias xudiciais pertinentes.
Con esta actuación, os axentes da Policía Local do Porriño suman 6 detidos, en 15 días, pola presunta comisión dos delitos de Roubo con forza.
O xefe da Policía, subliña, unha vez máis, que “a colaboración cidadá é imprescindible e fundamental para esclarecer este tipo de condutas delituosas” e pide a calquera veciño que detecte algunha conduta que considere estraña que non dubide en comunicarllo ás unidades policiais.