Os amantes do canto coral teñen unha cita este domingo no Porriño. A Avenida de Galicia acollerá, a partir das 20 h, o concerto no que participarán tres agrupacións porriñesas: a Coral da Asociación Veciñal Agarimo de Torneiros, a Coral Os Penediños de Atios e a Coral Polifónica San Blas de Budiño.
Esta última estará acompañada pola reputada Banda de Música de Alcalá de Guadaíra, de Sevilla con cuxo director, Ángel Lasheras, a coral de Budiño garda unha estreita relación.