Esta tarde, a partir das 18 horas, comeza no Centro Cultural Municipal, a primeira das actividades programadas polo Concello do Porriño para este mes de marzo co gallo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller. Tratase dun obradoiro titulado “Colga o teu mandil”, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
Na actividade que durará ata as 20,30 horas, as mulleres participantes axeitarán mandís con frases ou lemas reivindicativos que logo serán colgados na zona peonil. Os lemas deberán encaixar co enfoque reivindicativo deste ano para 8M, a propósito da economía dos coidados, da carga de traballo que soportan as mulleres na atención aos dependentes, crianzas e a necesidade da corresponsabilidade no fogar.
O obradoiro continuará tamén mañá martes no menos horario e lugar.