A maxia do Nadal xa se sinte en cada recuncho do Porriño con propostas para pequenos e maiores. Dentro da programación preparada polo Concello para estas festas atópase o Obradoiro infantil de galletas que fará as delicias da cativada.
Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, o obradoiro desenvolverase na zona infantil da Praza de Abastos Municipal en varias datas: os días 23, 26 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro. Os máis pequenos terán a oportunidade de elaborar as súas propias galletas, decoralas e, por suposto, saborealas!
As quendas levaranse a cabo de 11 a 12:30 h, e organizaranse en grupos de 12 nenos ou nenas, asegurando así unha atención persoalizada e un ambiente divertido. Esta actividade impulsouse de novo tras o éxito de edicións anteriores, nas que os pequenos convertíronse en auténticos chefs reposteiros.
Para participar, os interesados deben enviar un correo a rexistro@oporrino.org co nome do neno ou nena e os datos do titor ou titora. Desde o Concello do Porriño convidan a cativada a vivir unha experiencia inesquecible chea de creatividade, amigos e deliciosas galletas para compartir.