O Punto de Información Catastral do Concello do Porriño retoma a súa actividade este mes de outubro. Trátase dun servizo gratuíto que estará ubicado nas oficinas do departamento de Urbanismo (2ª planta-Casa Consistorial).
A través deste recurso a veciñanza poderá obter certificacións, localizar parcelas, realizar trámites en liña como presentación de documentación catastral, recursos, contestar requerimentos catastrais, cambios de dominio, así como asistencia e información en materia catastral. Tan só é preciso a presentación do DNI.
O PIC estará aberto ao público os xoves de 16 h a 19 h. É recomendable solicitar cita previa, indicando o trámite a realizar. Pode facerse a través do teléfono 986 335 000, a través da Sede Electrónica ou presencialmente no Departamento de Urbanismo.